Neste taller teremos moi en conta as idades do
grupo de nenos e nenas cos que traballamos para escoller a actividade máis
adecuada segundo a idade e competencia dos cativos.
Segundo esto, escolleremos :
–
Pan: asistirán a unha explicación sobre a
realización da masa e posteriormente, co mandil vestido, dispoñeran da masa
realizada para poder amasala, crear os seus propios boliños de pan e mais tarde
levalos ao forno para que sexan cociñados.
–
Leite: acudirán a unha explicación de como un dos
nosos monitores ordeña unha vaca e os nenos que se animen a probar a
experiencia poderan realizar esta labor eles mesmos. Tras ordeñar poderán
degustar o leite extraído da vaca.
–
Ensaladas: crearán as súas propias ensaladas.
Acudiremos con eles ao noso horto onde alí poderán ver como se prantan as
froitas e verduras e logo recollerán os alimentos que eles desexen para a
realización da súa ensalada. Acudirán á cociña para alí poder preparala coa
axuda dos adultos. Tamén poderán realizar brochetas de froitas e coa masa do
pan facer diferentes pizzas de verduras.
–
Mermelada: primeiramente recolectaremos os froitos
das nosas árbores frutais para mais tarde observar o proceso de elaboración.
Cada neno levará un pequeño tarriño das marmeladas realizadas na granxa.
–
Durante o outono recolectaremos castañas para
poder asalas no noso forno.
–
Tamén poderemos encender algunha fogueira para
queimar nubes.
As distintas actividades poderán ser
variables según a época do ano dependendo da dispoñibilidade dos productos
necesarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario