jueves, 6 de junio de 2013

TALLER DE ANIMAIS


Este taller estará dividido en 4 espazos e actividades. Habrá un monitor en cada espazo no que están os diferentes animais. Se fose un grupo demasiado grande dividiríase en varios grupos máis pequenos e iríanse alternando, para facilitar e axilizar o contacto dos nenos cos animais e estén o menos tempo posible mirando mentras os seus compañeiros participan directamente.
-     Galiñas e galo (1ª actividade): O monitor empezará cunha breve explicación con correspondencia a tódalas curiosidades que poidan ter os nenos: qué son, as súas diferencias, cómo se reproducen (de ónde saen). Os ovos. Os poliños.
Actividades: darlle de comer. Cambiarlles a auga. Recoller os ovos.

-     Coellos (2ª actividade): O monitor empezará cunha breve explicación con correspondencia a tódalas curiosidades que poidan ter os nenos: qué son, para qué se utilizan.
Actividades: contacto suave cos coellos, darlles de comer, darlles de beber (cambiarlles a auga ou rellenala)

-     Vaca (3ª actividade): O monitor empezará cunha breve explicación con correspondencia a tódalas curiosidades que poidan ter os nenos: qué é, para qué se utiliza, qué come, de onde ven o leite.
Actividades: contacto suave con ela, darlle de comer, participar na extracción do leite.

-     Pony (4ª actividade): O monitor, empezará cunha breve explicación con correspondencia a tódalas curiosidades que poidan ter os nenos: qué é, para qué se utiliza, qué come…
Actividades: contacto co animal (caricias), peiteado, darlle de comer, a súa monta.

TALLER DE AGRICULTURA

Neste taller partimos principalmente dunha metodoloxía  na que se desenvolva a tendencia ó xogo e o disfrute común. Fomentamos unha metodoloxía eminentemente práctica, activa e motivadora. Decir tamén que non debemos esquencer que é un taller totalmente conectado co medio, polo que a metodoloxía debe facer fincapé nesa interacción co entorno, onde o propio
neno/a se sinta identificado e adquira hábitos encamiñados a conservalo e melloralo.

TALLER DE COCIÑA

Neste taller teremos moi en conta as idades do grupo de nenos e nenas cos que traballamos para escoller a actividade máis adecuada segundo a idade e competencia dos cativos.


Segundo esto, escolleremos :
        Pan: asistirán a unha explicación sobre a realización da masa e posteriormente, co mandil vestido, dispoñeran da masa realizada para poder amasala, crear os seus propios boliños de pan e mais tarde levalos ao forno para que sexan cociñados.
        Leite: acudirán a unha explicación de como un dos nosos monitores ordeña unha vaca e os nenos que se animen a probar a experiencia poderan realizar esta labor eles mesmos. Tras ordeñar poderán degustar o leite extraído da vaca.
        Ensaladas: crearán as súas propias ensaladas. Acudiremos con eles ao noso horto onde alí poderán ver como se prantan as froitas e verduras e logo recollerán os alimentos que eles desexen para a realización da súa ensalada. Acudirán á cociña para alí poder preparala coa axuda dos adultos. Tamén poderán realizar brochetas de froitas e coa masa do pan facer diferentes pizzas de verduras.
        Mermelada: primeiramente recolectaremos os froitos das nosas árbores frutais para mais tarde observar o proceso de elaboración. Cada neno levará un pequeño tarriño das marmeladas realizadas na granxa.
        Durante o outono recolectaremos castañas para poder asalas no noso forno.
        Tamén poderemos encender algunha fogueira para queimar nubes.
 As distintas actividades poderán ser variables según a época do ano dependendo da dispoñibilidade dos productos necesarios.

TALLER DO CICLO DA AUGA

Neste taller realizaránse diversos xogos e actividades coa auga como protagonista que dependerán da idade do grupo de nenos/as cos que contamos.

Traballaremos a importancia do proceso do ciclo da auga, así como a aparición de outros fenómenos asociados. 


Aquí coñeceremos de forma práctica as distintas formas de manipulala.

Utilizaremos como recurso o río Aneiro que encontramos xusto o lado da nosa granxa.  

TALLER DE XOGOS TRADICIONAIS

Neste taller realizaránse diversos xogos tradicionais que dependerán da idade do grupo de nenos/as cos que contamos. Así realizarémolos seguintes:

  • Carreira de sacos



  • O pañuelo
  • A comba
  • A rayuela  
  • Os bolos